Sanidade defende que recorre a xubilados só cando non dispón de profesionais nas listas de contratación

Comesaña precisou que só nunha área sanitaria se solicitaron enfermeiras xubiladas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, saíu ao paso das críticas de profesionais sanitarios pola contratación de médicos e enfermeiras retirados ao asegurar que "se optou por contratar xubilados ante a imposibilidade nalgúns casos de contar con persoal nas listas de contratación".

En declaracións aos medios nun acto en Vilagarcía de Arousa, García Comesaña explicou que en Galicia se incorporaron 86 médicos de Atención Primaria que estaban xubilados "porque non os había nas listas de contratación". No caso de enfermaría indicou que só unha área sanitaria solicitou enfermeiras xubiladas. "E só utilizarémolas alí onde non xere colisión coas contratacións habituais", sostivo.

Ademais, o titular de Sanidade asegura que "nada está máis lonxe" da súa "intención" que prexudicar ás persoas que agora mesmo están a traballar en contratos doutro tipo. "Tiramos das listas de contratación todo o que podemos", manifestou Comesaña, quen puxo como evidencia diso o feito de que no Sergas hai hoxe 3.000 traballadores máis que cando empezou a pandemia. "E todos foron contratos de persoas que estaban en listas", concluíu.

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña.. Salomé Montes - Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña.. Salomé Montes - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta