Feijóo, sobre os reproches de Jácome aos seus socios populares: "Nós non nos imos a pór nerviosos"

O presidente da Xunta avoga por deixarse "de comentarios ou xogos que son impropios dunha política responsable".

Por E.P. | OURENSE | 14/01/2022 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou os reproches dirixidos polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, aos populares, os seus socios de goberno na capital ourensá, á vez que asegurou que, no que incumbe aos membros do seu partido, non se van a pór "nerviosos" e asumirán as súas "responsabilidades" traballando para que as súas áreas funcionen de forma adecuada.

"Un goberno ten que gobernar e dar estabilidade", proclamou, antes de subliñar que Ourense necesita esta "estabilidade" e de repasar distintas actuacións da Xunta para remarcar o seu "compromiso" coa cidade das Burgas (aludiu ao impulso da que será a nova sede da Administración na provincia, ou ás melloras do hospital, entre outros pasos). Tamén aludiu á chegada do AVE, antes de apelar "aproveitar a oportunidade" e deixarse "de comentarios ou xogos que son impropios dunha política responsable".

Neste punto, tamén se referiu a a polémica polos terreos destinados a albergar a residencia que financiará a Fundación Amancio Ortega, e lamentou que BNG e PSOE "voten que non para poder obter o permiso e empezar as obras mañá".

E finalmente insistiu en que lamenta os "comentarios" de Jácome sobre os seus compañeiros de goberno. "Pero nós non nos imos a pór nerviosos; sabemos da nosa responsabilidade e o que pedimos a cada concelleiro é que cumpra coas súas obrigacións e competencias", resolveu.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta