Kolchak e os ianquis

A invasión imperialista contra a Rusia durou 2 anos. Os primeiros en chegar á localidade de Murmansk foron os ingleses. O soviético Yuri Poliakov recordaba aquel 09 de Marzo de 1918 no que “200 soldados ingleses descenderon do “Glory” e marcharon en formación ata a cidade. O redobre de tambor e o ruído pesado das botas anunciaron a intervención armada contra o noso país”. Axiña sumarianse Francia, EE.UU., e o Xapón. Este último desembarcou o 05 de Abril dese ano en Vladivostok, iniciando a invasión no Extremo Oriente e Siberia.

Por Xosé Ríos | Poio | 16/01/2022

Comparte esta noticia
Na Conferencia de París, Xaneiro de 1919, comenzaron a repartirse a “República dos soviets”, convencidos de estar ante un país en descomposición. Na rexión norte, as tropas americanas subordinarianse aos mandos ingleses. Na rexión do Leste, foi enviados os reximientos 27º e 31º despregados en Filipinas, así como o envío de efectivos dende EE.UU. cuentificandose en  9.000 soldados en total (moi por debaixo dos 70.000 desplegados inicialmente por Xapón).
 
Os EE.UU. actuaron como mellor lles conviña. Foron os primeiros en recoñecer o Governo provisional de Marzo de 1917 antes da Revolución de Outubro, e seguiron apoiando á contrarrevolución “democrática” dos mencheviques e eseristas de Kerenski, contravindo o acordado na Conferencia de París. Sería coa conquista de Kolchak en Omsk, cando viren os apoios ao exército branco. 
 
Mais os americanos a cambio de costear as tropas de Kolchak, conseguiron como contrapartida que éste non recoñecera a Vladivostok como un porto libre, nin cedera ás pretensións do resto dos imperialistas respecto ao tren transiberiano. Ao malestar do Xapón, uniouse o do resto das potencias. Ata o propio Kolchak receleba dos americanos. “Os dados existentes permite deducir que a meta da política estaudinidense é conquistar o noso mercado no Leste, desprazando ao mesmo tempo a influencia económica de Xapón. Cabe supoñer igualmente que pensan aproveitar as riquezas naturais, principalmente de Siberia, mediante a obtención de concesións ventaxosas e privilexios” rezaba nun parte do 28 de Abril de 1919 do cuartel xeral do exército de Kolchak.
 
Se ben a comitiva do Presidente Wilson eran partidaria de apoiar ao Almirante Kolchak nun futuro Governo, o ataque ao país dos soviets requería dunha explicación entre a clase traballadora americana daquel entonces. Existían dudas razonadas de que o Congreso, de maioría demócrata, aprobara tal dispendio para costear ao exército branco. En realidade, o que máis temían os americanos era que tal axuda dera algún beneficio despois dos golpes asestados polo Exército Vermello.
 
Por ende, os imperialistas ante o avance dos soviets acordaron unha nova distribución da axuda ao exército branco. Inglaterra e Francia apoiarían a Denikin no sur de Rusia, e EE.UU. e Xapón apoiarían a Kolchak na parte leste e Siberia. Mais, coa perda de Omsk polo tropas brancas o 14 decembro de 1919, as posibilidades dos ianquis esbaécense totalmente. Nun cable do 23/12/1919 o Secretario de Estado americano recoñecía que “O Exército bolchevique avanza cara o Leste achegándose a posición onde se atopan as nosas tropas. O contacto con eles pode supoñer o comenzo de hostilidades e novas complicacións”. O 1 e 2 de Abril de 1920 os últimos soldados americanos abandonan Vladivostok.
 
Toda esta intromisión nos asuntos internos do povo soviético foi acompañada de asesinatos e encarcelamento de activistas dos Soviets e maltrato á povoación civil. Entre Agosto de 1918 e Agosto de 1919 na rexión norte de Rusia o 17% da povoación permaneceu en campos de concentración e mais de 38 mil individuos pasaron pola cárcere de Arjénguesk. No Leste todavía son recoñecidas o incendio e bombardeo de aldeas enteiras pola artillería. O xeneral Graves, xefe das forzas de ocupación americanas en Siberia recoñecería que “as atrocidades eran de tal natureza que indudablemente serán recordadas por este povo”. 

Unha imaxe de Lenin coa bandeira comunista da Unión Soviética
Unha imaxe de Lenin coa bandeira comunista da Unión Soviética
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Ríos Cidrás Licenciado en Ciencias Económicas pola UdV.Dende o 2005, Inspector Pesca Marítima polo Ministerio Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) como funcionario de carreira. Destino na Galiza dende o ano 2009, pasando a estar adscrito á Subdelegación do Governo de Pontevedra (anteriormente destinado en Euskadi). No ano 2000, estiven en Ribadeo liberado polas Comisións Labregas (Sindicato Labrego Galego). No ano 2001-2003 asentado en Viveiro coma Secretario Comarcal da CIG A Mariña.