Oito centros de ensino galegos, recoñecidos polo seu traballo en educación inclusiva

Os galardóns, outorgados pola Xunta, buscan impulsar a atención á diversidade e difundir as boas prácticas nesta materia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2022 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Oito centros educativos galegos foron recoñecidos pola Xunta co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades co obxectivo de impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas e recoñecer o labor que se desenvolve nos centros.

En concreto, na categoría de Educación Infantil e Primaria, o primeiro premio foi para o CEIP Plurilingüe A Laxe de Ferrol, mentres que o segundo galardón o lebou o CEIP de Quiroga e o terceiro o CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas. O CEIP Plurilingüe da Torre Cela de Bueu quedou co accésit.

Pola súa banda, no caso da categoría de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e formación a persoas adultas e réxime especial, o IES de Melide fíxose co primeiro premio, seguido do IES A Pinguela de Monforte de Lemos e do IES de Pastoriza de Arteixo. O accésit foi para o IES Fernando Branco de Cee,

Os galardoados co primeiro premio recibirán 5.000 euros, mentres que os segundos premios constan de 2.500 euros e o terceiro de 1.000 euros, así como 500 euros para o accésit. A comisión de selección valorou as boas prácticas realizadas a través da memoria presentada xunto coa solicitude de participación, tendo en conta aspectos como a calidade das accións, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa ou a repercusión no proceso de aprendizaxe.

Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022
Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022 | Fonte: María José López - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta