Feijóo presume de querer mudar o "feísmo" polo "fermosismo galego" con 7 millóns de euros en 2022

Asegura que o Plan Hurbe mobilizou desde a súa posta en marcha 150 millóns en 320 actuacións

Por E.P. | Pontevedra | 17/01/2022 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a Xunta destinará 7 millóns de euros en 2022 a seguir apostando polo "fermosismo galego", contra o chamado "feísmo", e lembrou que o Plan Hurbe mobilizou desde a súa posta en marcha, fai máis dunha década, 150 millóns de euros en 320 actuacións.

Imaxe de portada da guía de campo sobre o feísmo editada pola USC.
Imaxe de portada da guía de campo sobre o feísmo editada pola USC.

Nunha visita á biblioteca pública municipal de Salvaterra de Miño, Feijóo explicou que se trata de axudas para que tanto concellos como particulares reduzan os impactos paisaxísticos dalgunhas construcións, apostando pola rehabilitación de vivendas e edificios para dar unha segunda, terceira ou cuarta vida a inmobles de carácter histórico, cultural ou situados en zonas de obrigada protección. Ademais, inciden na rehabilitación como elemento clave para dinamizar os centros históricos, atraer turistas e activar o comercio

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta