Recomendar a vacinación de adolescentes "en cada consulta", o consello das sociedades médicas

O novo calendario de vacinación non-covid das Sociedades pondera desenvolver campañas en redes sociais para incitar á inoculación das doses.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Nove Sociedades Científicas consensúan un novo calendario de vacinación dos adolescentes. O documento, que vén de ser adiantado pola Sociedade Española da Medicina da Adolescencia (SEMA) eríxese como un calendario "de consenso" que iría á par das propias indicacións do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde e a Asociación Española de Pediatría.

Centro de Saúde de Ponteareas - cedida
Centro de Saúde de Ponteareas - cedida

 

Á parte, o escrito, dispoñible en castelán na web da SEMA, recomenda a inoculación de novas vacinas que quedarán baixo a decisión dos profesionais sanitarios e que poderán incorporarse "de xeito gradual" no calendario adolescente. De feito, o documento destaca que os profesionais "deben aproveitar cada oportunidade na consulta para recomendar a súa vacinación, aclarar todas as dúbidas dos pais e dos adolescentes e facer fincapé en todas as enfermidades que axuda a previr", apuntan.

 

A renovación neste aspecto da vacinación sobre os adolescentes obedece, explican, aos "retos concretos" desta franxa etaria no tocante ás vacinas. Trátase de persoas que "acoden en menor medida á consulta" e que, con todo, "non teñen un coñecemento completo das súas necesidades de saúde". Están, en suma, nunha "fase problemática" e que tamén presentaría risco polas numerosas viaxes e intercambios que desenvolven. 

 

Por iso a doutora Inés Hidalgo, coordinadora do documento e expresidenta da Sociedade Española de Medicina da Adolescencia, destaca que a importancia de saber tratar cos rapaces e, á parte, "aproximarse aos pais para establecer confianza e informar sobre as posibles consecuencias de non vacinar". De acordo coas sociedades, implicadas, "outras medidas expostas para mellorar a cobertura vacinal da poboación poden ser o uso dos medios de comunicación e redes sociais, a información e educación tanto dos adolescentes como dos pais...". Piden, asemade, a expansión da vacinación a outros lugares: escolas, entre outros.

Con todo, aseguran que "sempre se terán en conta os aspectos bioéticos e legais". "A negativa por parte dos proxenitores para vacinar aos seus fillos expón en España un conflito moi serio entre o seu dereito a non vacinalos por determinadas crenzas e o deber da xustiza de protexer a eses nenos e á comunidade", explican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta