Temas: AMES BENESTAR

Ames pon de moda o "Mindfulness" entre os traballadores do concello

Hai oito prazas dispoñibles e no caso de que as solicitudes superen o número de prazas ofertadas realizarase un sorteo o luns 24 de xaneiro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/01/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Concellaría de Benestar e Promoción da Saúde pon en marcha un programa de regulación emocional a través do método "Mindfulness". Impartida polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, a actividade comezará a desenvolverse o 25 de xaneiro. Terá lugar os martes de 16.15 ata as 18.00 horas e vai dirixido ao persoal do Concello.

Luísa Feijóo na presentación do curso de regulación emocional a través do método de 'Mindfulness'
Luísa Feijóo na presentación do curso de regulación emocional a través do método de 'Mindfulness' | Fonte: Concello de Ames

Un dos obxectivos máis importantes do departamento de Benestar e Promoción da Saúde, que dirixe a concelleira Luísa Feijóo, é o de coidar e promover a saúde mental entre a cidadanía de Ames.

O curso pasado, o alumnado da ESO e de Bacharelato do IES de Bertamiráns participou xa nun programa de regulación emocional e esta previsto que este curso sexan 400 os alumnos que se beneficien destas actividades.

"Consideramos á saúde mental como a cuarta pata das medidas de promoción da saúde no concello", manifesta a concelleira Luísa Feijóo, quen engade que "agora é o momento de mirar polos da casa e axudarlles a dotarse de recursos para aprender a vivir mellor, a coñecerse e a enfrontarse ás situacións do día".

MINDFULNESS

O "Mindfulness" é unha técnica que ensina a focalizar a atención no momento presente. O obxectivo é conseguir a atención plena, centrándose no que está a suceder "aquí e agora" e aceptándoo sen máis, sen tentar cambiar, nin xulgar nada.

A posibilidade de comezar a practicar a técnica de "Mindfulness" chega agora aos traballadores municipais a través do curso programado pola concellaría de Benestar Social que, unha vez máis, conta co psicólogo Carlos Permuy para impartilo.

Temas: AMES BENESTAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta