Un total de 14 investigadoras da USC, entre as 466 científicas de España máis influíntes

A catedrática de Farmacoloxía e Farmacia da USC, María José Alonso, ocupa a terceira posición do ránking.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2022 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A última edición do ranking DIH sitúa a 14 investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre as 466 científicas de España con maior influencia.

Esta lista, que analizou a produción de 785 investigadoras, establece unha clasificación en función do 'índice h', un sistema que mide a calidade profesional dun científico en función do número de artigos publicados e a cantidade de citas que estes reciben.

As investigadoras da USC incluídas nesta lista, conforme sinalou a universidade galega nun comunicado, pertencen a unamplio abanico de áreas do coñecemento e disciplinas, desde a Farmacoloxía e Farmacia ata a Microbioloxía, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Química Orgánica, Física de Partículas e Física Aplicada, Análises Matemáticas ou Anatomía Patolóxica, entre outras.

A catedrática de Farmacoloxía e Farmacia da USC, María José Alonso, ocupa a terceira posición deste ranking que avaliou ás 785 mellores científicas residentes en España, tamén, é a investigadora da USC que conta cun índice h máis alto.

Ademais, a lista inclúe a outras científicas da USC de contrastado relevo e prestixio nacional e internacional nos seus respectivos campos de traballo, como son Lourdes Santana, Josefa Fernández, Alicia Estévez Toranzo, Carmen Álvarez Lorenzo, Ana María Soto Campos, María Dores Cortina, María Teresa Moreira e Beatriz Magariños.

A investigadora do Laboratorio Nacional de Referencia E.coli e profesora da USC na Facultade de Veterinaria, Azucena Mora Gutiérrez, é a única científica do Campus de Lugo que figura entre as 466 científicas nacionais máis destacadas contabilizadas nesta edición do ranking DIH, unha publicación na que tamén figuran outras investigadoras da USC como o son María Pilar Bermejo Barreira, María Llompart, Rosana Rodríguez López ou María Vitoria Lareu Huidobro.

Investigadoras da USC
Investigadoras da USC | Fonte: Fonte: Santi Alvite

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta