As grandes diferencias de PSdeG e BNG en Lugo

As grandes diferencias que manteñen o PSdeG e o BNG en Lugo poden poñer en perigo a conformación do goberno municipal e mesmo as negociacións para chegar a un acordo sobre a Deputación de Lugo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/06/2007 | Actualizada ás 21:38

Comparte esta noticia

Detrás destes desencontros tamén se agochan tensións dentro dos respectivos grupos municipais. No PSdeG de Lugo hai unha forte oposición a pactos co BNG, una posición que encabeza o propio Orozco, pero tamén acontece o mesmo na formación nacionalista, especialmente, nun sector da UPG.

O propio conselleiro de Industria e ex concelleiro en Lugo durante o goberno de coalición de 1999-2003 tamén amosou a súas dúbidas no Consello Nacional do pasado sábado ante a posiblidade dun pacto cos socialistas en Lugo.

De feito, as diferencias que manteñen ambos grupos na cidade fan peligrar non só o pacto na cidade, senon tamén na propia deputación. Durante as conversas das comisións negociadoras da pasada semana, decidiuse deixar fora do pacto un acordo sobre as deputacións, precisamente, polos grandes problemas que ambos amosaron para consensuar unha fórmula para Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

15 Oscar

Orozco, come e cala e váite en catro anos. É vergoñento que un alcalde tan promocionado polos medios coma el baixe xusto cando o PSdG subiu tanto na provincia de Lugo.

14 Juan Sin Tierra

Vaya si se pondrán de acuerdo. La moqueta une mucho y los sueldos..Sabeis que Galicia es la CC.AA. con unos sueldos medios de 1300 euros/mes; ya vereis estos pajarracos que van a defender al pueblo los sueldos millonarios que se van a poner. Ponle una media de 5.000 euros/mes. Así seguro que en el proximo estudio la media en Galicia subirá por lo menos a los 1700 euros/mes. Son los milagros de la estadística. Bueno pues como te decía no veis que bien comen, fijaros el Orozco como está de cebado. Mucho coche oficial mucha paparota y poco deporte.

13 Cítrico

Estou até o moño dos tirapuxas dos pactos. Que rematen dunha puñeteira vez, que deixen de marearnos e que se poñan a gobernar xa.

12 Remixio

Estou de acordo en que teñen que deixarse de parvadas e poñerse a falar xa. Iso de que o Laxe non lle vaia á reunión a Orozco por ser no despacho non lle vexo moito sentido, xusto cando Tello estaba tan tranquilamente no despacho de Losada. E despois, inda por riba, dixo Laxe que non había que "restarlle importancia". ¡Pois se hai que restarlle non lla deas ti primeiro, ciruelo!¡O que lla das es ti, carallo, que andas a perder o tempo con esas parvadas!

11 Lugués

Non, se comer seguro que comen. Inda así e todo...