Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 12:29
A nova onda de contaxios polo Covid que está a afectar a España non tardou en causar estragos no deporte profesional e non profesional. No mundo do fútbol, os casos positivos confirmados sucédense a diario, o que implica que as Federacións teñan que estar moi atentas para resolver con acerto este tipo de acontecementos.
En Galicia, na Terceira RFEF, a Federación Galega de Fútbol xa tivo que suspender moitos encontros por esta cincunstancia. Isto provoca a desigualdade que hai na actualidade na clasificación xa que os diversos conxuntos da categoría non teñen os mesmos partidos xogados.
A pesar dos innumerables partidos adiados, a Terceira División continúa disputándose con "normalidade" e a Federación Galega de Fútbol ten a complicada misión de recolocar os diferentes partidos.
SUR DE PONTEVEDRA
O equipo máis castigado é o SD Xuvenil Ponteareas con catro partidos suspendidos. O equipo pontevedrés leva máis dun mes sen competir xa que o último partido que disputou foi contra o Arnoia o pasado 12 de decembro. Os encontros que ten pendentes son contra o Rápido de Bouzas, o Estradense, o Silva e o Arzúa.
Mentras tanto o Choco e o Alondras tan só contan cun partido suspendido. O primeiro deles ten que xogar contra o Viveiro en Cantarrana mentras que o segundo ten que visitar o campo de Arnoia. Por último, o Rápido de Bouzas ten adiados dous partidos contra o Sofán no Baltasar Pujales e contra o Xuvenil Ponteareas.
LUGO
Os conxuntos da provincia de Lugo tamén se viron involucrados na suspensión de partidos na Terceira RFEF. O Viveiro conta con dous partidos menos, contra o Ourense e o Choco; o Vilalbés só ten adiado un partido contra o Deportivo Fabril; e o Polvorín ten pendente o seu partido contra o Noia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.