Outra árbore menos en Ourense: denuncian que o Concello estraga o patrimonio vivo da cidade

Amigas das Árbores denuncia que cortaron polo pé un dos últimos "Platanus hybrida" que quedaba entre a Capela e o Pavillón dos Remedios.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 21/01/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Amigas das Árbores vén de denunciar unha nova talla "inxustificada" na cidade de Ourense por parte do Concello, que se produce pouco despois da polémica talla das árbores na Universidade Laboral, que finalmente paralizaron debido á resposta cidadá. A árbore que desta volta cortaron polo pé era un dos últimos "Platanus hybrida" que quedaba entre a Capela e o Pavillón dos Remedios e, segundo Amigas das Árbores, nin "estorbaba nin era perigosa".

Tallan un dos últimos 'Platanus hybrida' que quedaba entre a Capela e o Pavillón dos Remedios, en Ourense.
Tallan un dos últimos 'Platanus hybrida' que quedaba entre a Capela e o Pavillón dos Remedios, en Ourense.

A asociación conservacionista censura que o Concello de Ourense continúe "o patrimonio vivo da cidade" e tacha aos integrantes do Goberno municipal de "negacionistas arboricidas". Lamentan, así mesmo, que non contemplen nas súas políticas cotiás a "sustentabilidade, a humanización, a resilencia das cidades fronte a emerxencia climática ou a integración paisaxística das zonas verdes e das árbores nas reformas urbanas".

Tallan un dos últimos 'Platanus hybrida' que quedaba entre a Capela e o Pavillón dos Remedios, en Ourense.
Tallan un dos últimos 'Platanus hybrida' que quedaba entre a Capela e o Pavillón dos Remedios, en Ourense.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta