A estación intermodal de Santiago, "clave na modernización" da cidade, inaugura a nova cafetaría

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/01/2022 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A cafetaría da estación intermodal de Santiago de Compostela, 'O Balcón das Brañas' foi inaugurada este sábado por parte da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que coincidiron en destacar o seu papel na nova estación, "clave na modernización da cidade".

No acto de presentación do novo establecemento hostaleiro, participaron tamén membros do Consello de Administración de Tussa e os directivos da empresa adxudicataria Beach Solpor, Javier Iglesias e Nieves Yáñez.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, participan no acto de presentación da cafetaría da estación intermodal
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, participan no acto de presentación da cafetaría da estación intermodal | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

O local abrirá as súas portas ao público o vindeiro luns 24 de xaneiro, de 06 a 24 horas, e ofrecerá dous tipos de servizo diferentes: un "áxil e rápido" pensado para os viaxeiros e outro máis "confortable e singular" para aqueles que "pretenden gozar de Compostela".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta