Aviso amarelo por temperaturas por baixo de -4 graos no sur da provincia de Ourense

Verín rexistrou na mañá deste domingo os valores máis fríos de toda Galicia: 8,3 graos baixo cero.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 23/01/2022 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Meteogalicia activará na madrugada deste luns un aviso amarelo por xeadas, con temperaturas inferiores aos 4 graos baixo cero, no sur da provincia de Ourense. En concreto, este aviso, que comezará na medianoite do domingo ao luns e prolongarase ata as 6,00 da mañá, afectará a varios concellos das comarcas de Baixa Limia, A Limia e Verín, así como a outros lindeiros.

O interior galego xa viviu a pasada madrugada un episodio de xeadas que deixaron valores por baixo dos -6 graos en concellos das provincias de Lugo e Ourense.

Así, de acordo cos valores recollidos por Meteogalicia, a temperatura máis baixa marcouna a estación de Vilela, en Verín (Ourense), con -8,3 graos ás 8,40 horas da mañá deste domingo.

Seguíronlle a estación de Calvos de Randín (Ourense), con -7,2 graos ás 7,50; a de Morelle, en Sarria (Lugo), con -6,7 ás 7,30 da mañá; a de Monforte de Lemos (Lugo), con -6,4 ás 8,10; e a de Xinzo de Limia (Ourense), con -6,1 ás 9,00 horas.

Xeada, frío
Xeada, frío | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta