Por E.P. | BRUSELAS | 24/01/2022 | Actualizada ás 17:41
A Comisión Europea e o Comité das Rexións estreitarán a cooperación para axudar ás autoridades locais a unha mellor xestión dos fondos rexionais que lles ofrece a Unión Europea, coa vista posta nun mellor uso dos recursos e unha firme recuperación tras a crise xerada polo coronavirus apostando por unha transición verde e dixital.
"Para o período 2021-2027 hai dispoñibles máis instrumentos, máis oportunidades e máis posibilidades de investimento que nunca antes", destacou nun comunicado a comisaria responsable de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, que o martes asinará un plan de acción co presidente do Comité das Rexións da UE, Apostolos Tzitzikostas.
O plan está chamado a reforzar a cooperación entre as rexións e o Executivo comunitario para a recuperación co actual orzamento da UE, en especial co apoio a autoridades locais e rexionais e as súas unidades administrativas que xestionan os fondos de cohesión.
Tamén aspiran alentar a boa gobernación en distintos niveis e a crear sinerxías entre as políticas de cohesión, o fondo de recuperación da UE e outras ferramentas de investimento, así como a favorecer a cohesión económica e social como valor da UE. Ademais reforzarase a cooperación transfronteiriza en Europa e tratarase de comunicar mellor nas propias rexións sobre o valor engadido da política común de cohesión.
"Os gobernos nacionais, rexionais enfróntanse ao reto sen precedentes de elaborar e pór en marcha programas de investimento apoiados polo orzamento europeo e o fondo de recuperación. Por iso, unir as súas forzas ten unha importancia capital para ter éxito", razoou a comisaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.