Minsait, o novo servizo de busca de axudas Next Generation

É un novo servizo lanzado por ABANCA para empresas, pemes e negocios.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/01/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

ABANCA lanzou, en colaboración con Minsait, unha compañía de Indra, un novo servizo especializado dirixido a facilitar aos seus clientes o acceso e a xestión das axudas correspondentes aos fondos Next Generation EU. 

Axudas Next Generation
Axudas Next Generation

Con este novo servizo, o banco quere impulsar a chegada dos fondos ao tecido produtivo a empresas, pemes e negocios que busquen axudas públicas. O servizo comprende, por unha banda, a busca de axudas (consulta das posibilidades existentes, localización das que se axustan a un proxecto específico, ou identificación das que aplican a unha determinada empresa) e, por outro, a xestión da solicitude.

A fase de busca de axudas realízase a través dunha plataforma online de uso gratuíto desenvolvida por Minsait (https://abanca-ayudaspublicas.minsait.com), que tamén prestará soporte á tramitación, seguimento e resolución da solicitude. Os clientes de ABANCA poden realizar buscas por palabra clave, tipo de beneficiario (autónomo, empresa, peme), sector económico, tipo de axuda (garantía, préstamo, financiamento, subvención, etc.) e clase de convocatoria (concesión directa ou concorrencia competitiva).

É posible restrinxir a busca ás axudas relacionadas cos fondos europeos ou doutro tipo. Para facilitar a súa identificación, o buscador ofrece información resumida de cada axuda. Unha vez seleccionada a opción que mellor se adapta ás súas preferencias, o cliente solicita información adicional a un asesor especializado de Minsait a través dun formulario web.

A fase da xestión da axuda realízase telefonicamente a través dun contact center que proporciona soporte durante todo o proceso, desde a presentación da solicitude até a súa resolución. En cada caso analízanse as necesidades particulares do cliente e póñense á súa disposición diferentes opcións de servizo, que van desde unicamente a tramitación da axuda (cun custo fixo por solicitude) até un asesoramento a medida proporcionado por consultores especializados en axudas públicas (con orzamento personalizado).

“Este acordo achega os Fondos Next Generation ao tecido produtivo ofrecendo aos nosos clientes empresas, pemes e negocios un servizo especializado, útil e flexible que lles permite coñecer que axudas existen, identificar as que mellor se adaptan ás súas necesidades, e xestionalas eficazmente co asesoramento de técnicos especializados”, explica o director xeral de Mercado de Capitais, Xestión e Distribución de ABANCA, Juan Luis Vargas-Zúñiga.

Pola súa banda, Álvaro de Salas, director de Estratexia e Innovación de Servizos Financeiros en Minsait, destaca “a significativa contribución destes servizos á recuperación do tecido empresarial español, dado que permitirán a empresas, pemes e autónomos axilizar o acceso aos fondos europeos para apostar de maneira decidido por un crecemento dixital e sostible".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta