Ana Miranda: "O BNG é o equipo da casa... Non precisa chamar a Cayo Lara"

A eurodeputada lembra que outras candidaturas "dependen de Madrid" e "só cubren cotas de candidaturas regionales".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2014 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O BNG tamén celebrou este domingo o seu Encontro Nacional Aberto. Un gran acto no que estiveron os principais candidatos ás europeas, encabezados por Ana Miranda, e o seu portavoz nacional, Xabier Vence. E os nacionalistas volveron insistir, como noutras ocasións, no argumento de que o BNG presenta unha candidatura galega.

Ana Miranda no Encontro Naciona do BNG
Ana Miranda no Encontro Naciona do BNG | Fonte: Bloque

"O BNG é o equipo da casa", salientou a cabeza de lista ao Parlamento Europeo, Ana Miranda. “O BNG non precisa chamar nin a Rajoy, nin a Rubalcaba, nin a Cayo Lara. A única chamada que atende o BNG é a do pobo galego”, subliñou a candidata nacionalista, fronte “aos partidos estatais, que hoxe defenden a Galiza, mañá a Murcia e pasado a Andalucía. Nós non, o BNG só defende a Galiza. Levámolo facendo no Parlamento Europeo dende 1999”, dixo.

Nós non nos debemos a ninguén”, insistiu a candidata do Bloque, fronte a outras candidaturas que “dependen de Madrid e só cubren cotas do que chaman candidaturas regionales”. Miranda puxo o acento na  folla de servizos das forzas políticas estatais “que tantas veces deixaron tirada a Galiza no Parlamento Europeo”.

“Son as mesmas que deixaron ao Porto de Vigo fóra da primeira categoría das infraestruturas europeas, as mesmas que aproban un acordo pesqueiro que deixa en terra á frota cefalopodeira galega mentres a andaluza sae a faenar, as mesmas que penalizan a Galiza con 3.000 millóns de euros menos en fondos de cohesión, as mesmas que fan perder ao agro galego 300 millóns de euros e priman á agricultura dos latifundios no reparto das axudas da PAC, as mesmas maiorías estables que non foron capaces de buscar unha solución ao tax-lease e tiveron ao sector naval paralizado durante dous anos cun custe de 10.000 empregos”, exemplificou.

"Zouparlle á troika"

“O BNG preséntase para zumbarlle unha malleira nas urnas á troika o 25 de maio”, arrincou o portavoz nacional,  Xabier Vence, quen instou á cidadanía “a parar a involución social e democrática que a dereita está impoñendo en Europa. A nós non nos vale esta Unión Europea, nin é viable, nin o noso país pode sobrevivir nela”, dixo Vence.

O dirixente nacionalista afirmou que “o PP e os seus donos xa acenderon aos altofalantes para dicir que  comezou a recuperación”. “Se a mentira fose delicto estarían todos na cadea e con cadea perpetua”, dixo Vence porque “os bancos e as grandes fortunas están en recuperación, si, pero a costa do empobrecemento da xente”.

Vence asegurou que “Feijóo e Rajoy están contentos”, porque “os mercenarios sempre cumpren o seu papel”, pero que non esquezan, dixo, que “Roma non paga traidores”. “Non lles pagarán tanta submisión. Nin sequera levan candidatos galegos na lista do PP, só ao madrileño Millán Mon e a ese Cañete bravo que esmaga o noso agro”, definíu.

Pero “o 25 de maio non só queremos zouparlle á troika e ao PP”, asegurou o portavoz nacionalista, queremos “avanzar na soberanía do noso país”, explicou. “Outros parecen perder o norte falando de alianzas cos pobos do sur. O noso norte está aquí”, dixo.

No encontro, no que participaron centos de militantes, tamén participaron Xose Mánuel Carril ou Olaia Rodil, dous e tres da lista. O acto houbo vídeos e actuacións musicais e foi presentado pola actriz Isabel Risco e o debuxante Xose Lois O Carrabouxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

24 Selena

O BNG prefire ir de ganchete con esquerdistas tan sonados como Abel Caballero (Vigo), López Orozco (Lugo), Agustín Fernández e Francisco Rodríguez (Ourense), etc. etc. Todos eles de conduta intachable e nacionalistas inconfundibles!!!!

1 Outra Nalúa

Ate na lúa saben diferenciar non permitir que goberne o PP chegando a acordos cos socialistas con integrar como número 5 as listas de IU-PCE. Non tes que ser tan estremeñista por máis que o stalinismo joseantoniano de Anguita o defenda.

2 lunático

Pois eu non entendo a diferencia de permitir que governe o PP a apoiar que governe outro que fai a mesma política esencial que o PP: ""Si a quien levanta más la voz le damos lo que pide, se inicia un camino peligroso".

3 Andalúz Nalúa

citas á Pta. de Andalucía como desexando citar mellor a Arenas o "campeón" ou a Arias Cañete Solis Beaumond e o resto de oligarcas ao estilo IU Estremadura. Eu prefiro o camiño peligroso da Callas ou a Gruberova que son profesionais que a´da triste figura que non ri nin que a vacinen.

4 Selena

POR OUTRO NA LÚA "... non permitir que goberne o PP"??? PSOE e PP aproban os orzamentos do 2014 en Vigo... Vaia forma de non permitir que goberne o PP!!!!

5 Lunática Española

A mitomanía grega non te fai xustiza e o Zeus Efialtes non nos mete a vaca Europa que nunca ri. Queremos galego e queremos marela. Vaites vaites coa meia lúa bermella a facer o Socorro Rojo á Duquesa de Alba na Feira de Abril, que mellor Roja que rota. Caballero fai localismo e ataca a unidade da única patria dos galegos.

23 Bondade ou Bondaxe

Si, o único equipo da casa, non confundir a casa coas checas na que o PCE, controlado polos stalinistas, torturou e asasinou aos que discrepaban. Hoxe os efialtes que venderon ao nacionalismo por un posto nas listas de IU ás europeas, queren difamar a Castelao comparando a súa traizón actual coa entrada na Fronte Popular da República. As diferenzas cos comunistas españois sempre estiveron aí, os stalinistas nunca fixeron de Castelao un compañeiro de viaxe, por máis que se empeñe Alonso Montero, moitos temos boa memoria e coñecemos os feitos na Arxentina. E xa que vos fai rir o dos vascos, esquecendo o acordo de Castelao con Aguirre, a ver si conseguides facer rir a ama do látego que fai chorar aos nabos.

22 Mirando

Bildu: o unico equipo da casa! Batacazo do BNjaja en 3, 2, 1,....

1 reginodelapena

Ti non te`preocupes,se non temos diputada en Europa o BNG seguira a defender Galiza,è o seu destino e sabedelo moito ben.Ninguen vai rematar co BNG porque somos moitos milleiros de persoas loitando por elo i se tedes diputada xa se encargara Ana Miranda de dar conta de tudo o que fagades na contra das/dos Galegos.

2 Jonn

O BNjaja o unico que defende é a si mesmo, fai anos. Galicia impórtalles un carallo o que lles importa é o partido como todos os demais.

3 Xuansenmedo

Os únicos que defenden o seu miserable soldo sodes vos, legañentos trolls PPsoeiros. Polo menos, donde goberna o BNG non cheira a latrina polos seus propios ouriños, coma no Vigo ou Coruña que tanto defendedes.

21 29dn

O partido da casa elexido pola inmensa maioría dos galegos é o PPdG, o resto son vivir outras realidades inventadas!

20 eueu

Bnjajaja, o partido da risa!