Ana Miranda: "O BNG é o equipo da casa... Non precisa chamar a Cayo Lara"

A eurodeputada lembra que outras candidaturas "dependen de Madrid" e "só cubren cotas de candidaturas regionales".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2014 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O BNG tamén celebrou este domingo o seu Encontro Nacional Aberto. Un gran acto no que estiveron os principais candidatos ás europeas, encabezados por Ana Miranda, e o seu portavoz nacional, Xabier Vence. E os nacionalistas volveron insistir, como noutras ocasións, no argumento de que o BNG presenta unha candidatura galega.

Ana Miranda no Encontro Naciona do BNG
Ana Miranda no Encontro Naciona do BNG | Fonte: Bloque

"O BNG é o equipo da casa", salientou a cabeza de lista ao Parlamento Europeo, Ana Miranda. “O BNG non precisa chamar nin a Rajoy, nin a Rubalcaba, nin a Cayo Lara. A única chamada que atende o BNG é a do pobo galego”, subliñou a candidata nacionalista, fronte “aos partidos estatais, que hoxe defenden a Galiza, mañá a Murcia e pasado a Andalucía. Nós non, o BNG só defende a Galiza. Levámolo facendo no Parlamento Europeo dende 1999”, dixo.

Nós non nos debemos a ninguén”, insistiu a candidata do Bloque, fronte a outras candidaturas que “dependen de Madrid e só cubren cotas do que chaman candidaturas regionales”. Miranda puxo o acento na  folla de servizos das forzas políticas estatais “que tantas veces deixaron tirada a Galiza no Parlamento Europeo”.

“Son as mesmas que deixaron ao Porto de Vigo fóra da primeira categoría das infraestruturas europeas, as mesmas que aproban un acordo pesqueiro que deixa en terra á frota cefalopodeira galega mentres a andaluza sae a faenar, as mesmas que penalizan a Galiza con 3.000 millóns de euros menos en fondos de cohesión, as mesmas que fan perder ao agro galego 300 millóns de euros e priman á agricultura dos latifundios no reparto das axudas da PAC, as mesmas maiorías estables que non foron capaces de buscar unha solución ao tax-lease e tiveron ao sector naval paralizado durante dous anos cun custe de 10.000 empregos”, exemplificou.

"Zouparlle á troika"

“O BNG preséntase para zumbarlle unha malleira nas urnas á troika o 25 de maio”, arrincou o portavoz nacional,  Xabier Vence, quen instou á cidadanía “a parar a involución social e democrática que a dereita está impoñendo en Europa. A nós non nos vale esta Unión Europea, nin é viable, nin o noso país pode sobrevivir nela”, dixo Vence.

O dirixente nacionalista afirmou que “o PP e os seus donos xa acenderon aos altofalantes para dicir que  comezou a recuperación”. “Se a mentira fose delicto estarían todos na cadea e con cadea perpetua”, dixo Vence porque “os bancos e as grandes fortunas están en recuperación, si, pero a costa do empobrecemento da xente”.

Vence asegurou que “Feijóo e Rajoy están contentos”, porque “os mercenarios sempre cumpren o seu papel”, pero que non esquezan, dixo, que “Roma non paga traidores”. “Non lles pagarán tanta submisión. Nin sequera levan candidatos galegos na lista do PP, só ao madrileño Millán Mon e a ese Cañete bravo que esmaga o noso agro”, definíu.

Pero “o 25 de maio non só queremos zouparlle á troika e ao PP”, asegurou o portavoz nacionalista, queremos “avanzar na soberanía do noso país”, explicou. “Outros parecen perder o norte falando de alianzas cos pobos do sur. O noso norte está aquí”, dixo.

No encontro, no que participaron centos de militantes, tamén participaron Xose Mánuel Carril ou Olaia Rodil, dous e tres da lista. O acto houbo vídeos e actuacións musicais e foi presentado pola actriz Isabel Risco e o debuxante Xose Lois O Carrabouxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

19 Irmáns Andersen

"O BNG é o equipo da casa... Non precisa chamar a Cayo Lara" . Ui, Ui, que declaracións mais profundas e transcendentáis para a sociedade galega. Por suposto A COSA que dirixe con man de ferro á UPG desde fai moitos anos non lle dixo a ista o que ten que decir, non, chegou a tal conclusión ela soíña ¿Verdade? Xa sabedes, pequenos e pequenas, hai que votar BNG para que non veña Cayo Lara.

18 reginodelapena

A xente eche moi mintireira,onte na xuntanza do BNG presidia a palestra unha bandeira estrelada galega. Donde xa por fin non habia bandeiras galegas foi no acto de AGE,agora escomenza a estar tudo crariño i os votantes poderan decidir,sen confusios,AGE(esquerda española)BNG(esquerda nacionalista galega)i que Deus reparta sorte.O BNG e IU teñen pontos de encontro mais miotos de desencontro por exemplo:IU vota na contra de Astano è da pesca galega,non porque nos queiran mal,fano porque votar a favor de Galicia vai na contra de Andalucia,nomeadamente frota andaluza dos caladoiros marroquino/mauritanos ou Puerto Real no caso dos asreleiros.

1 Galegófobo

Daquela asegurádevos de que os intereses vascos e galegos tamén sexan coincidentes 100% porque igual levades unha sorpresa. O que vale para unha cousa...

2 Anna

A estrelada non é a bandeira galega a ver se se entera!

3 BFFF

Mirade o tuiter oficial de Anova Compostela, onde afirman que a de onte en Compostela era a única visita de Tspiras "en España". E non teño máis que dicir, señoría.

17 Galegófobo

Adiante coa política da cunquiña e o minifundio mental. Todo o mundo é malo agás nós os puros e iluminados. Dende a Herriko con amor...

16 KKG

Que noxo dan os BNGs empregando sentimentalismos baratos... sodes o equipo de casa do GRupo TOjeiro e de CaixaBoba, de constructoras e como ben dixeron antes, amigos do PSOE, PNV, CIU que seica son tamén partidos galegos... BNG Traidores!

1 KGB

Como esqueces a visitas do Beiras a Inditex e outros empresarios...

15 Pragmatismo