Ana Miranda: "O BNG é o equipo da casa... Non precisa chamar a Cayo Lara"

A eurodeputada lembra que outras candidaturas "dependen de Madrid" e "só cubren cotas de candidaturas regionales".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/04/2014 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O BNG tamén celebrou este domingo o seu Encontro Nacional Aberto. Un gran acto no que estiveron os principais candidatos ás europeas, encabezados por Ana Miranda, e o seu portavoz nacional, Xabier Vence. E os nacionalistas volveron insistir, como noutras ocasións, no argumento de que o BNG presenta unha candidatura galega.

Ana Miranda no Encontro Naciona do BNG
Ana Miranda no Encontro Naciona do BNG | Fonte: Bloque

"O BNG é o equipo da casa", salientou a cabeza de lista ao Parlamento Europeo, Ana Miranda. “O BNG non precisa chamar nin a Rajoy, nin a Rubalcaba, nin a Cayo Lara. A única chamada que atende o BNG é a do pobo galego”, subliñou a candidata nacionalista, fronte “aos partidos estatais, que hoxe defenden a Galiza, mañá a Murcia e pasado a Andalucía. Nós non, o BNG só defende a Galiza. Levámolo facendo no Parlamento Europeo dende 1999”, dixo.

Nós non nos debemos a ninguén”, insistiu a candidata do Bloque, fronte a outras candidaturas que “dependen de Madrid e só cubren cotas do que chaman candidaturas regionales”. Miranda puxo o acento na  folla de servizos das forzas políticas estatais “que tantas veces deixaron tirada a Galiza no Parlamento Europeo”.

“Son as mesmas que deixaron ao Porto de Vigo fóra da primeira categoría das infraestruturas europeas, as mesmas que aproban un acordo pesqueiro que deixa en terra á frota cefalopodeira galega mentres a andaluza sae a faenar, as mesmas que penalizan a Galiza con 3.000 millóns de euros menos en fondos de cohesión, as mesmas que fan perder ao agro galego 300 millóns de euros e priman á agricultura dos latifundios no reparto das axudas da PAC, as mesmas maiorías estables que non foron capaces de buscar unha solución ao tax-lease e tiveron ao sector naval paralizado durante dous anos cun custe de 10.000 empregos”, exemplificou.

"Zouparlle á troika"

“O BNG preséntase para zumbarlle unha malleira nas urnas á troika o 25 de maio”, arrincou o portavoz nacional,  Xabier Vence, quen instou á cidadanía “a parar a involución social e democrática que a dereita está impoñendo en Europa. A nós non nos vale esta Unión Europea, nin é viable, nin o noso país pode sobrevivir nela”, dixo Vence.

O dirixente nacionalista afirmou que “o PP e os seus donos xa acenderon aos altofalantes para dicir que  comezou a recuperación”. “Se a mentira fose delicto estarían todos na cadea e con cadea perpetua”, dixo Vence porque “os bancos e as grandes fortunas están en recuperación, si, pero a costa do empobrecemento da xente”.

Vence asegurou que “Feijóo e Rajoy están contentos”, porque “os mercenarios sempre cumpren o seu papel”, pero que non esquezan, dixo, que “Roma non paga traidores”. “Non lles pagarán tanta submisión. Nin sequera levan candidatos galegos na lista do PP, só ao madrileño Millán Mon e a ese Cañete bravo que esmaga o noso agro”, definíu.

Pero “o 25 de maio non só queremos zouparlle á troika e ao PP”, asegurou o portavoz nacionalista, queremos “avanzar na soberanía do noso país”, explicou. “Outros parecen perder o norte falando de alianzas cos pobos do sur. O noso norte está aquí”, dixo.

No encontro, no que participaron centos de militantes, tamén participaron Xose Mánuel Carril ou Olaia Rodil, dous e tres da lista. O acto houbo vídeos e actuacións musicais e foi presentado pola actriz Isabel Risco e o debuxante Xose Lois O Carrabouxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

9 GALIZA NACION

Unha pena, que parecedes meniños da escola á rifar polo equipo dos amores, asi non se fai nin PATRIA, NIN NACION, que xamáis fixo nin ó BNG, NIN BEIRAS TAMPOUCO, dado que nada fixeron por GALICIA, soio insultos no PARLAMENTO onde ai que gardar RESPETO QUE ALI está DEPOSITADA A SOBERANIA POPULAR DO POBO ATRAVESO DO VOTO, DEMOCRATICO NAS URNAS. Nunca traballaron pra facer nada, agora cobrar si,reflexionade no de cobrar ó mesmo que todos. Isto ten que cambiar pero moito, REXENERACION DEMOCRATICA XA, PERO TOTAL, FOSILES FORA, XA, PERO TODOS, TANTO DO PP, PSOE, COMO OS QUE NO BNG MANDAN I ORDENAN SIN SABER FACELO. HAI QUE TRABALLAR, MANDAR MANDA CALQUERA Ó CASO É SABER FACELO.

8 Xusticeiro

Foi a mellor convención a que asistín nunca demostrase que estamos na boa dirección auditorio que non collía nin un alfiler moita xente de pe e outra que se quedou a entrada sentada polos sofás e charlando fora.

7 adriana

Chegado de Compostela moi contento un acto perfecto e por ver a moitos compañeiros que facía tempo que non vía e de darlle un gran abrazo a uns amigos que marcharan e agora veñen a que foi sempre a súa casa.Adiante BNG

6 manipulación

Pero se nesa sala do auditorio non hai para mil. Que carallo din que había dous mil e nin eran a metade traendo os autobuses que pagan os coitados pontevedreses a conta do seu alcaliño. Incribel como manipulan. Pero niso, xa sabemos, son como os pepeiros dos q aprenderon ben. PP e BNUPJÁ a mesma mer-da son

1 Anxo

Sufre pepeiroooo,sufre!

2 pejigo2

Auditorio de Galiza, Sala Ángel Brage, aforo de 998 localidades, con xente de pé nos corredores. Pazo de Congresos, Sala Compostela, capacidade 520, con asentos baleiros

5 noam

Non vai valer para nada, pero vouno dicir por se serve para algo: ¡¡¡¡¡¡ O inimigo é o PP-PSOE !!!!!!!!