O público mete a Terra na final do Benidorm Fest ao berro de "TAN-XU-GUEI-RAS"

O xurado descalificounas e foi o público o que soubo recoñecer o potencial dun grupo que representa toda a diversidade cultural do Estado.

Por Galicia Confidencial | Benidorm | 27/01/2022 | Actualizada ás 00:35

Comparte esta noticia

As Tanxugueiras están na final do Benidorm Fest e están por méritos propios e por méritos do público tan diverso que hai nun Estado plurinacional que soubo apreciar o que non apreciou un xurado que as quería deixar fóra da final.

Actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest
Actuación das Tanxugueiras no Benidorm Fest | Fonte: RTVE

Foi ese público, o público de toda España o que coreou ao final dunha actuación maxistral "TAN-XU-GUEI- RAS" ao unísono mentres apupaba a decisión inicial do xurado de querer deixalas fóra.

Unha posta en escena brutal, cunha música e unhas voces que fixeron vibrar o Benidorm Fest, e unha muiñeira adaptada aos tempos e a este tipo de festivais, as galegas entraron pola porta grande na final.

Salvador Sobral, o portugués gañador de Eurovisión foi contundente: "Eu vou coas galegas!".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 EveLP

A cultura para TVE é "noche de fiesta" ou "Bertín Osborne". Menudo tongo quixeron colar. Gracias ao voto popula,r salvouse