A Galicia interior amence conxelada: Xinzo e Verín espertan con temperaturas inferiores a -8 ºC

Calvos de Randín e Baltar ou Lalín estiveron entre -6,8 ºC e -5,7 ºC

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O descenso nas temperaturas mínimas en zonas do interior de Galicia fíxose notar este venres, especialmente na provincia de Ourense, onde as estacións meteorolóxicas en Xinzo ou Verín chegaron a marcar valores inferiores aos -8 ºC.

Así, segundo os datos publicados por Meteogalicia, á primeira hora da mañá deste venres, a estación de Xinzo de Limia alcanzou unha temperatura mínima de -8,5 ºC; mentres que a estación de Vilela en Verín chegou aos -8,1 ºC. Estes valores supoñen descensos de máis de dous graos con respecto ás marcas de primeira hora do xoves.

Na mesma liña, os valores mínimos dos termómetros noutros municipios como Calvos de Randín e Baltar (en Ourense) ou Lalín (Pontevedra) estiveron entre -6,8 ºC e -5,7 ºC.

Todas estas estacións de medición están situadas a unha altitude inferior a 900 metros. Con respecto ás estacións situadas por encima dese nivel, as temperaturas mínimas non variaron demasiados nas últimas horas, e situáronse na contorna dos 0 ºC, oscilando entre os -1 ºC do Invernadoiro (Vilariño de Conso, Ourense) e os 0,2 ºC de Navia de Suarna (Lugo).

Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío
Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta