A Xunta inicia a elaboración da Estratexia de Acción Voluntaria 2027 para "amplificar o impulso solidario galego"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu a reunión do Observatorio de Acción Voluntaria na que se acordou iniciar a elaboración da Estratexia de Acción Voluntaria 2027, que busca "recoller e amplificar o impulso solidario dos galegos".

Lotes de produtos para combater a pandemia
Lotes de produtos para combater a pandemia | Fonte: FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE.

A titular de Política Social destacou a traxectoria "ascendente" do voluntariado galego, que nos últimos anos multiplicou por 30 o número de experiencias de voluntariado certificadas pola Xunta de Galicia.

A base das novas liñas estratéxicas será o estudo realizado pola Xunta hai uns meses sobre o perfil do voluntariado en Galicia. Este documento, sinalan, permite realizar "un retrato fiel das entidades que dan vida a esta actividade, das súas preocupacións e das súas prioridades".

Para maximizar a aplicación desta folla de ruta, Fabiola García convidou a todos os axentes implicados na acción voluntaria a que realicen as súas achegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta