O portavoz do PSdeG no Parlamento galego suspende axenda pública tras ser contacto directo dun positivo

Manterá a súa actividade "na medida do posible".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2022 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, suspendeu a súa axenda pública de maneira preventiva tras ter contacto directo cunha persoa que deu positivo en covid-19. Así o informou este domingo o PSdeG, que indica que Álvarez manterá a súa actividade de maneira "telemática" e "na medida do posible".

No seu lugar, está previsto que a rolda de prensa habitual dos luns que ofrece cada partido na Cámara autonómica déaa a deputada Begoña Rodríguez Rumbo, portavoz adxunta do Grupo Socialista.

Luís Álvarez estreouse no pleno da semana pasada como portavoz do grupo parlamentario, despois de que a Executiva Nacional do PSdeG decidise destituír do cargo ao xa ex secretario xeral da formación, Gonzalo Caballero.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, en rolda de prensa. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta