Ence saca peito: "Hai seis praias con bandeira azul na área da Ría de Pontevedra próxima á planta"

Destaca que a planta supón "un forte impulso para a economía local de Pontevedra e os seus arredores".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 01/02/2022 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

A biofábrica de Ence en Pontevedra retoma a súa actividade produtiva habitual despois de completar a súa parada técnica anual.  E faino asegurando que a súa actividade é moi limpa e que xera emprego na comarca.

ENCE, na ría de Pontevedra
ENCE, na ría de Pontevedra | Fonte: juantiagues en Flickr.

"Esta actuación permitiu implementar nas instalacións un exhaustivo plan de traballo para incorporar novas tecnoloxías e mellorar as xa existentes, coa finalidade de seguir reforzando a súa eficiencia, seguridade e excelencia ambiental", apunta nun comunicado.

A papeleira insiste en que non só cumpre "folgadamente" con toda a normativa ambiental vixente, senón que foi recoñecida pola súa sustentabilidade a través de certificacións como Residuo Cero de  AENOR, a etiqueta ecolóxica Nordic Swan (ecoetiqueta oficial dos países nórdicos) e a Distinción Oro da Comisión Europea.

Ademais, e tras as críticas do concello de Pontevedra e distintas plataformas ecoloxistas e cidadáns, asegura que outra mostra da calidade ambiental da fábrica é que na área da Ría de Pontevedra próxima á planta "hai seis praias co distintivo de bandeira azul da UE, así como a actividade de marisqueo que leva a cabo diante da mesma".

"XERACIÓN DE RIQUEZA" NA COMARCA DE PONTEVEDRA

Ence destaca que, durante a para técnica, ás case 400 persoas que emprega directamente Ence Pontevedra, sumáronse 700 traballadores de empresas auxiliares –na súa gran maioría procedentes de Galicia-. "Este proceso de Ence supón, así, un forte impulso para a economía local de Pontevedra, Poio e Marín, que se deixa sentir, non só no emprego local senón tamén e moi especialmente, no consumo de sectores como o da hostalería (restauración e ocupación hostaleira, sobre todo) e o comercio", engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta