Veciños de Valdoviño acurralan a Alfredo Sánchez Chacón, o 'Rambo' galego

Era buscado dende marzo do ano pasado.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/02/2022 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil detiveron sobre as 0,30 horas deste xoves a Alfredo Sánchez Chacón, coñecido popularmente como o 'Rambo' galego, un apresamento que foi posible grazas á colaboración cidadá.

A súa detención produciuse na parroquia de Loira, no municipio coruñés de Valdoviño. O fuxido tentou entrar por unha xanela nunha vivenda do lugar do Calvario, pero foi descuberto e perseguido por dous homes, que lograron apresalo e inmobilizalo no Cruceiro, ata a chegada da Garda Civil.

Sánchez Chacón era buscado desde marzo do pasado ano despois de que non regresase ao cárcere na que estaba a cumprir condena, a de Monterroso, en Lugo, tras un permiso penal.

Alfredo Sánchez Chacón, alias o Rambo galego, durante un xuízo
Alfredo Sánchez Chacón, alias o Rambo galego, durante un xuízo | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta