Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/02/2022 | Actualizada ás 19:55
A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra adxudicou á empresa Elsamex a construción da vía perimetral que circunvalará o novo Hospital de Montecelo.
Segundo informa o Consistorio, adxudicouse por 1,1 millóns de euros e un prazo de execución de meses. O prezo de licitación era de 1,3 millóns.
Será unha vía de calzada única, cun carril por sentido e beirarrúas a ambos os dous lados, coa velocidade limitada a 30 quilómetros por hora, e pasos de peóns elevados para o acougado do tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.