Extinguido o incendio forestal de Calvos de Randín que afectou ao parque do Xurés

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 1 hectárea de monte raso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/02/2022 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido ás 19,46 h. o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Incendio no Parque Natural do Xurés publicada pola BRIF de Laza
Incendio no Parque Natural do Xurés publicada pola BRIF de Laza

O lume, que se iniciara ás 17,40 h. desta tarde en dous puntos diferentes, afectou -segundo as últimas medicións- unha superficie de 1 hectárea de monte raso. Para o seu control mobilizáronse en total 2 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta