Berro Seco pídelle a Feijó que elimine o uso do "tapabocas" nos centros educativos

Relaciona o aumento dos sucidios e depresións en mozos coas medidas antiCovid.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O colectivo Berro Seco quere que se faga estensiva a eliminación do uso da máscara nos ámbitos educativos. Por iso, e tras a derrogación por parte do Goberno español do decreto que obrigaba a levar a máscara en exteriores, e nos patio dos colexios, este colectivo pídelle a Alberto Núñez Feijóo que permita á rapazada quitarse o "tapabocas" nos recreos.

Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022
Un alumno de Educación Infantil e Primaria, no inicio do curso escolar 2021-2022 | Fonte: María José López - Europa Press - Arquivo.

Nun comunicado, lembran que hai uns días, a Sociedade Catalá de Pediatría pedía o fin das restricións por mor da COVID-19 nas escolas.  Por iso, critica que a Xunta persista en obrigar as crianzas a seguir coas mácaras "postas en todo momento, dentro e fóra da aula, ademais de seguir vixentes todas as outras medidas adoptadas nos protocolos COVID dos centros educativos (separación por grupos, prohibición de compartir material escolar, de xogo, comida etc., disciplina militar en canto a entradas e saídas do centro, circulación dentro do mesmo, ou uso dos baños e bibliotecas)".

Berro Seca lembra que países da nosa contorna, coma o Reino Unido xa anunciaron que deixará de ser obritaoria a máscara en centros educativos, mentres que "aquí leváronas e séguenas levando durante xornadas de 6, 8 ou 11 horas, se temos en conta as horas de escola/instituto, transporte escolar, actividades extraescolares".

SUICIDIOS E DEPRESIÓN

"Nun momento onde é primordial a socialización para o desenvolvemento psicomotriz e da linguaxe, as nosas crianzas víronse reprimidas e sometidas ao illamento dos seus semellantes durante dous longos anos xa, o que para algunhas supuxo xa unha porcentaxe moi importante da súa vida", critica ao relacionar esta situación co aumento dos cadros de ansiedade e mesmo os suicidios en adolescentes. 

Neste sentido, destacan que as criazas e adolescentes levan recibido un "forte impacto polas circunstancias da pandemia" a pesar de ser a franxa de idade que menos enferma por causa da COVID, e na que menos grave é a doenza." A política de facer recaer sobre as crianzas a responsabilidade da transmisión, tratándoos como supercontaxiadores, é cruel e debe rematar xa. Débese protexer ás persoas vulnerables, pero nunca a costa da saúde dos nosos menores", suliñan.

"Todas as vagas foron demostrando que a covid é unha doenza leve en nenos e nenas, e que o emprego de medidas excesivamente restritivas non consegue eliminar a transmisión pero si provoca problemas importantes sobre a saúde mental das nosas crianzas e adolescentes", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta