Toda a costa galega estará este luns en aviso amarelo por vento no mar e fortes ondas

A medida seguirá vixente até, polo menos, a media noite.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Toda a costa de Galicia estará este luns en aviso amarelo por ventos de forza 7 no mar, así como por ondas que poderán alcanzar entre catro e cinco metros de altura. Segundo o boletín de avisos de Meteogalicia, os fortes refachos de vento do noroeste na costa afectarán á comarca lucense da Mariña e ao noroeste da Coruña e durarán entre as 3,00 da madrugada e as 12,00 do mediodía.

En canto á alerta por ondas de catro a cinco metros, iniciarase ás 3,00 no litoral coruñés, ás 6,00 na costa de Pontevedra e ás 9,00 na de Lugo. Estenderase, polo menos, ata a medianoite.

Forte ondada nas praias da Coruña este sábado, 8 de xaneiro de 2022.. M. DYLAN
Forte ondada nas praias da Coruña este sábado, 8 de xaneiro de 2022.. M. DYLAN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta