Viños e licores galegos con selo de calidade expóñense na 'Vinexpo' de París

Trátase da primeira acción de promoción conxunta levada a cabo no exterior pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA).

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 16/02/2022 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Vinexpo, considerada como a feira vinícola máis relevante da capital francesa e primeiro gran escaparate internacional do ano para o sector do viño, desenvólvese entre os días 14 e 16 de febreiro e conta con 2.800 expositores de 32 países. Ata alí desprazouse a expedición que ten como obxectivo dar a coñecer os produtos de calidade dos seis consellos reguladores que compoñen ACRUAGA: cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas e unha Indicación Xeográfica Protexida de augardentes e licores tradicionais galegos.

Posto da DO Valdeorras. Foto: Acruaga
Posto da DO Valdeorras. Foto: Acruaga

Será a primeira ocasión na que viños e licores autóctonos de Galicia, amparados baixo diferentes selos distintivos de calidade, se promocionen de forma conxunta a nivel internacional.

Para Juan Gil de Araujo, presidente do Consello Regulador da D.O Rías Baixas e tamén de ACRUAGA, o feito de compartir en Vinexpo un espazo expositor común, posto en marcha co apoio do Igape, "permitirácrear sinerxias entre os diferentes territorios amparados". Na expedición tamén está José Luis García Pando, vicepresidente da ACRUAGA  e presidente da D.O. Valdeooras, quen afirmou que "esta iniciativa longamente demandada polo sector vitininícola galego permitirá afrontar máis directamente o reto da internacionalización das nosas adegas e destilerías".

Feira Vinexpo. Foto: Acruaga
Feira Vinexpo. Foto: Acruaga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta