Unións Agrarias advirte que a seca está a incrementar os custos de produción, especialmente no sector lácteo

O secretario Roberto García destaca que se está a producir unha diminución na forraxe propia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2022 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O secretario de Unións Agrarias, Roberto García, alertou que a situación de seca cara á que avanza Galicia pola falta de preciptacións incrementou os custos de produción nas explotacións agrogandeiras, sobre todo para o sector lácteo. "Estamos nunha situación dramática de incremento brutal de custos de produción", sinalou Roberto García este martes.

Pon o acento en que isto se agrava por canto soben "os pensos, os abonos e enerxía e, por tanto, tamén, está a producirse unha diminución na forraxe propia que supón un incremento a maiores deses custos". O dirixente de Unións Agrarias celebrou que "o feito de que estes días estea a empezar a chover algo significa que estamos a tempo de poder recuperar parte desa forraxe".

"Vemos con preocupación o nivel de seca en que levamos practicamente todo o inverno", esgrimiu García, que emprazou a que "o incremento dos custos, coa lei da cadea alimentaria na man a mesma ten que cumprirse escrupulosamente".

"Non podemos quedarnos en declaracións como a do conselleiro de Medio Rural do outro día en que recoñecía que producir un litro de leite custa 40 céntimos e logo os contratos de compra dese leite en Galicia materialízase en 31 ou 32 céntimos por litro", remarcou. "Con eses prezos é tanto como recoñecer que se está comprando leite en Galicia de forma ilegal sen que actúe sobre isto nin o Ministerio (de Agricultura), nin a Xunta de Galicia", aseverou o secretario de Unións Agrarias.

Lácteos, leite, vacas. XUNTA - Arquivo
Lácteos, leite, vacas. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta