O Depor perde opcións tras a súa derrota ante o Racing

Un gol de Íñigo no minuto 35 deixa ao equipo cántabro a dous puntos do Deportivo cun partido menos que os galegos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/02/2022 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O Racing de Santander levouse o duelo de altura co Deportivo no Estadio Abanca-Riazor e agora ten na súa man alcanzar o liderado do seu grupo, xa que contan cun partido menos que os blanquiazuis.

Gradas do Estadio de Riazor
Gradas do Estadio de Riazor | Fonte: diazydiazarquitectos.com

Un tanto de Íñigo aos 35 minutos cun golpeo tras un pase de Soko deu aos cántabros tres puntos e o golaverage para deixarlles a só dous puntos dos branquiazuis no grupo I da Primeira RFEF.

O Deportivo, que mandou un balón ao poste na segunda parte, non tivo resposta e encaixou a terceira derrota consecutiva, unha máis que as que concedera nas 20 anteriores. De nada serviu que máis de 20.000 afeccionados arroupasen ao equipo galego neste partido aprazado da vixésima primeira xornada, que aperta a clasificación e dá emoción á liga.

FICHA TÉCNICA

0- Deportivo: Mackay; Trilli, Lapeña, Jaime (Granero, m.86), Héctor (Menudo, m.86); Juergen, Villares (De Vicente, m.79); Álvaro Rey, Soriano (Quiles, m.65), William; e Miku.

1- Racing de Santander: Parera; Mantilla, Bobadilla, Pol Moreno, Satrústegui; Íñigo (Borja Domínguez, m.85), Tienza; Soko (Camus, m.85), Pablo Torre (Bustos, m.65), Arturo (Sergio Marcos, m.65); e Manu Justo (Harper, m.75).

Gol: 0-1, M.35: Íñigo

Árbitro: Pérez Parera, do Comité tinerfeño. Mostrou amarela a Miku, Juergen do Deporitvo e a Mantilla, Fausto Tienza, Satrústegui, Íñigo e Parera do Racing de Santander.

Incidencias: Partido aprazado da xornada 21 da Primeira RFEF disputado no Estadio Abanca-Riazor ante 20.878 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polos falecidos do afundimento do barco Villa de Pitanxo en augas canadenses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta