A Deputación da Coruña destina 450.000 euros para bolsas destinadas a estudos artísticos

Doutra banda, a Deputación aprobará no pleno ordinario do mes de febreiro un proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-2303 en Bermún, no Concello de Cee. Esta obra conta cun investimento de 647.220,11 euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2022 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña financia este ano 45 bolsas de investigación e de perfeccionamento de estudos artísticos, nas que inviste un orzamento total de 450.000 euros. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolleu este venres a aprobación das bases reguladoras destas axudas para o 2022.

Doutra banda, a Deputación aprobará no pleno ordinario do mes de febreiro un proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-2303 en Bermún, no Concello de Cee. Esta obra conta cun investimento de 647.220,11 euros.

Respecto das bolsas para o perfeccionamento de estudos artísticos, as persoas beneficiarias recibirán axuda para custear o gasto derivado dos seus cursos fóra de Galicia durante o período 2022-2023. O ente provincial dedica 250.000 euros para financiar 25 bolsas, cunha achega de 10.000 euros cada unha.

No ámbito da investigación, inviste 200.000 euros en 20 bolsas dirixidas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo no período 2022-2023, cunha duración mínima de nove meses.

COWORKING

Doutra banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou este venres un convenio co alcalde da Pobra do Caramiñal, José Luís Piñeiro García que permitirá dinamizar o centro de coworking deste concello.

Con este pacto, A Pobra pasa a integrarse na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, do que xa forman parte outro dez centros: Oleiros, Carballo, Brión, Boiro, Ames, Moeche, A Capela, As Pontes, Vedra e Santiago.

Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña conmemora do Día da lingua materna cun espectáculo familiar que na biblioteca provincial. A celebración consiste na representación do conto musicado 'A música das buguinas' narrado por Mamá Cabra e con música de Bellón Maceiras.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa comparecencia na comisión de orzamentos do Parlamento de Galicia
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa comparecencia na comisión de orzamentos do Parlamento de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta