A Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas premia á galega Marta Alonso Tejada

O espectáculo 'Bailar agora' levou o 'Premio ao Mellor Espectáculo das Noites do CCAI en FETEN 2022'.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas, que se reencontrou  na súa 31ª edición con 48.929 espectadores tras superar as limitacións impostas pola pandemia da Covid en 2021, premiou o traballo da compañía ourensá Marta Alonso Tejada na categoría do 'Premio ao Mellor Espectáculo das Noites do CCAI en FETEN 2022' por 'Bailar agora'. Esta compañía galega gaña así o galardón ex aequo xunto a Cía. Maduixa por 'Migrare'.

'Bailar Agora' da compañía Marta Alonso Tejada, premiada en FETEN.
'Bailar Agora' da compañía Marta Alonso Tejada, premiada en FETEN.

A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinar e traza "desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e o movemento que no seu percorrido se achega ao teatro físico, á interpretación e ao circo". Nos seus traballos aparece desta forma a danza, o humor, e unha atomosfera particular do cotián que identifica tamén ao espectáculo 'Bailar agora'.

A Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas celebrouse en Xixón do 13 ao 18 de febreiro e ofreceu un programa que reflectiu o traballo dos creadores nos últimos anos, especialmente en 2021. E público e profesionais responderon á oferta lanzada desde a Fundación Municipal de Cultura, Educación e Universidade Popular. Os escolares volveron aos teatros e salas, concretamente 2.745 alumnos e alumnas de 21 centros de Xixón/ Xixón gozaron das propostas en salas, e 7.354 de 66 colexios (24 de Xixón/ Xixón e 42 do resto de Asturias) fixérono a través da plataforma virtual.

 

En canto ao público non escolar, a Feira convocou a 38.830 persoas e acreditou a 530

profesionais de maneira presencial e 186 na plataforma virtual. A Feira acolleu a 300 artistas

das compañías participantes na 31a edición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta