A Xunta esixe ao Goberno axilidade para dispor de fondos do Bono de Aluguer Mozo

"É tan importante saber cal é a cifra da que se disporá, como contar cos citados recursos nas arcas autonómicas", indica Ángeles Vázquez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2022 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reclamou este mércores ao Goberno central axilidade na transferencia dos fondos que se consignan ao Bono Aluguer Mozo, de forma que a Xunta poida facer pública a correspondente convocatoria e facilitar axudas aos beneficiarios.

Así se pronunciou en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do PPdeG Begoña Freire no pleno da Cámara galega, onde explicou que "é tan importante saber cal é a cifra da que se disporá, como contar cos citados recursos nas arcas autonómicas". "Sobre todo tendo en conta que serán as comunidades autónomas as que terán que ordenar, instruír, tramitar, resolver e abonar esta liña de incentivos", indicou.

Ángeles Vázquez sostivo que este non é unha cuestión menor, tendo en conta que é unha obrigación administrativa dar unha reposta áxil, transparente e concreta a aqueles cidadáns que necesitan acceder a un fogar.

A conselleira lembrou que o Bono Aluguer Mozo é un programa estatal, anunciado en outubro de 2021, aprobado en xaneiro no Consello de Ministros para o que non se celebrou unha Conferencia Sectorial ata febreiro, e que aínda se abordará por primeira vez este xoves nunha reunión multilateral cos directores xerais, o que marcará o inicio da tramitación desta medida.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, no pleno da Cámara. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, no pleno da Cámara. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta