Os traballadores da concesionaria de limpeza do CHUO manteñen a folga indefinida a partir do luns

Hai manifestacións convocadas para os días 4, 8 e 10 de marzo.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 25/02/2022 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

Os traballadores da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) manteñen a folga indefinida contra Ferrovial Servizos a partir deste luns, 28 de febreiro.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

O comité de empresa convocou, por unanimidade, esta folga ante a negativa da compañía a cubrir as baixas de persoal e a negociar un novo convenio. Tras varias reunións, a última este mesmo venres, non se conseguiron avances, segundo os representantes dos traballadores.

Así mesmo, convocan manifestacións para os días 4, 8 e 10 de marzo, con percorrido nas inmediacións do CHUO. "Somos persoas, non robocops", denuncian os traballadores.

Censuran que a concesionaria "non cumpre cos coeficientes de persoal, faltando unha media de 15 traballadora por cada xornada de traballo". Ademais, o comité apunta que o Sergas lles trasladou, nunha recente reunión, que sancionaría a Ferrovial por falta de persoal de limpeza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta