A concelleira popular Ana Sabel deixa o seu posto no Concello de Santiago por motivos persoais

Será sustituído por Pedro Rey Sanchiz, que xa fora concelleiro entre 2018 e 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2022 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

A concelleira popular, Ana Belén Sabel Iglesias, renunciou este venres ao seu posto na corporación do Concello de Santiago de Compostela por "motivos persoais". Sabel renuncia así a unha acta que posuía desde o 15 de xuño de 2019.

O seu lugar, segundo informaron os populares composteláns, ocuparao Pedro Rey Sanchiz, que xa fora concelleiro entre 2018 e 2019.

Rey Sanchiz, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), ocupa actualmente o posto de director da Oficina Web da universidade.

Pleno municipal de Santiago de Compostela. CONCELLO
Pleno municipal de Santiago de Compostela. CONCELLO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta