Pequenos concellos sen residencias nin centros de día poderán optar a axudas por 18,5 millóns para a súa construción

A contía máxima por residencia pode alcanzar os 1,2 millóns de euros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Os concellos de menos de 20.000 habitantes que non contan con residencias nin centros de día poderán optar a axudas por 18,5 millóns de euros para a construción destas instalacións de coidado de maiores.

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron o convenio marco que prevé a repartición, entre 2022 e 2023, desta partida de fondos europeos proveniente do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O obxectivo é mellorar a rede galega de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais.

A contía máxima de apoio será de 1,2 millóns para a construción dunha residencia; 600.000 euros por cada centro de día; 400.000 euros no caso dun centro social; así como 250.000 euros para melloras en centros sociais. As propostas poden ser conxuntas entre varios municipios para crear un centro residencial de carácter comarcal.

Os municipios deberán presentar un anteproxecto, que será avaliado por Xunta e Fegamp, no que os concellos achegan os terreos e teñen que demostrar a viabilidade técnica e económica. Igualmente, as entidades locais correrán cos gastos de custos e mantemento do servizo.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, asinan convenio. FEGAMP
A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, asinan convenio. FEGAMP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta