Queres instalar proxectos de biomasa no fogar?... A Xunta saca axudas

A contía de axudas será dun 50%, ata un máximo de 60.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A Xunta abriu este mércores, día 2 de marzo, o prazo de solicitude para a implantación de proxectos de biomasa nos fogares galegos o que, segundo sinala, permitirá un aforro anual nas facturas enerxéticas de 360.000 euros.

O Goberno galego, a través da Vicepresidencia segunda e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinará 1,5 millóns a esta convocatoria de concorrencia non competitiva non dirixida ás familias galegas e que se xestiona a través de entidades colaboradoras.

A contía de axudas será dun 50%, ata un máximo de 60.000 euros, para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético que fomenten enerxías renovables como é o caso da biomasa. Para garantir o máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións, os equipos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, elevados niveis de eficiencia e un bo comportamento con respecto ao medio ambiente.

Con esta liña de axudas, o Goberno galego di que quere fomentar o uso de enerxías renovables, e máis nun momento de escalada de prezos enerxético. Así, unha caldeira de biomasa supón aforros de ata o 50% con respecto ao gasóleo e dun 30% con respecto ao gas natural. Nunha vivenda unifamiliar permite aforros de 1.800 euros ao ano con respecto aos radiadores eléctricos.

Pellets de biomasa ardendo
Pellets de biomasa ardendo | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta