Protesta do estudantado de Filosofía da USC polo caso do acosador da súa facultade

Aproveitaron o 8M para denunciar o acoso que recibiron varias rapazas por parte dun estudante dende 2020 ata finais de 2021.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/03/2022 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Estudantado da Facultade de Filosofía da USC saíu á rúa este pasado martes para denunciar o acoso que recibiron varias rapazas deste centro por parte doutro estudante desde 2020 ata finais de 2021. 

Protesta do estudantado de Filosofía da USC polos casos de machismo vividos neste centro en 2020 e 2021
Protesta do estudantado de Filosofía da USC polos casos de machismo vividos neste centro en 2020 e 2021 | Fonte: remitida

Aproveitando a celebración do 8M, os estudantes realizaron unha concentración tanto no interior coma no exterior da facultade para denunciar as “malas praxes” que entenden que se produciron no tratamento deste caso tanto polo equipo decanal coma pola propia USC.

Nun manifestó que leron ás portas do centro destacaron que non se trata dun caso illado, “senón dun problema que responde a cuestións sistemáticas e estruturais da USC e que non podemos tolerar”. “Por iso, dicimos non ao blanqueamento do machismo e o desamparo das vítimas en virtude da proteción da institución. Fóra machismo da universidad”, recolle o escrito.

CASO POLÉMICO

O caso remóntase a hai dous anos, cando o estudante Agustín S., dedicouse a perseguir unha por unha as súas compañeiras da aula, e mesmo amigas delas, nun intento por seducilas “a base de insistencias, tocamentos non consentidos, comentarios deplorables e fóra de lugar tales como ‘tú lo que necesitas es un hombre que te cuide’, e incluso chegou a perseguilas ata a casa”, tal e como lembran os propio estudantado.

Así, cando recibía a negativa como resposta, comezaba a persecución por redes sociais e a humillación nos debates na aula coa fin de deixalas en evidencia. “Comentaba tamén cos seus compañeiros o ‘putas” que eran”. “Os seus perfís en redes como Twitter están cheos de mensaxes de odio e comentarios aberrantes cara as súas compañeiras e cara as mulleres no xeral”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Yosoyyo

Os habeis pasado la presuncion de inocencia del chico por el forro de los....de los...