A Xunta defende promocionar o Xacobeo no programa de Losantos que utilizou "mal" o topónimo de Sanxenxo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, afeou o silencio dos socialistas galegos "cando a Xunta se tivo que defender soa, xunto ás institucións culturais de Galicia, fronte á intención do Goberno de Asturias socialista" de chamar "ría do Eo" á "ría de Ribadeo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, defendeu a promoción do Xacobeo realizada por un programa un programa de radio conducido polo xornalista Federico Jiménez Losantos no que se utilizou "mal" o topónimo de Sanxenxo.

Rueda pronunciouse deste xeito en resposta a unha pregunta formulada no pleno da Cámara galega pola deputada socialista Noa Díaz, quen denunciou os "inaceptables malos tratos" da Xunta ao galego ao financiar este programa radiofónico en Sanxenxo, promocionado, xunto ao logotipo oficial do Xacobeo 2021-2022, "coa forma inexistente Sangenjo".

"Vostede tráeme aquí para preguntarme por que nun programa que se facía promoción do Xacobeo se dixo Sangengo no canto de Sanxenxo. Pois mal dito, por suposto, desde logo todos os que fomos alí da Xunta de Galicia utilizamos o único topónimo que se pode utilizar: Sanxenxo", afirmou.

Tras iso, preguntouse se o que lle "molesta" ao PSOE é "o condutor do programa". "Mire, a min mentres se faga unha boa promoción, válenos calquera profesional da comunicación. Para iso era o programa", sinalou.

Rueda destacou que o programa tivo "moitísima audiencia", das "máis altas da historia do programa". "Por tanto, promoción do Xacobeo: conseguida. Utilización do topónimo: mal utilizado por suposto, Sanxenxo é Sanxenxo sen ningunha dúbida", argumentou.

Ademais, afeou o silencio dos socialistas galegos "cando a Xunta se tivo que defender soa, xunto ás institucións culturais de Galicia, fronte á intención do Goberno de Asturias socialista" de chamar "ría do Eo" á "ría de Ribadeo".

CRÍTICAS DOS SOCIALISTAS

En fronte, a parlamentaria do PSdeG criticou que o vicepresidente afirme que "vale máis a promoción dun programa de radio que a protección" do galego.

"É inaudito", censurou a deputada, que cualificou de "vergoñoso" o feito de que o Goberno galego faga un "branqueo" da "deturpación máis desagradable" do idioma.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, responde a varias preguntas no pleno do Parlamento. XUNTA
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, responde a varias preguntas no pleno do Parlamento. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gregorio

Mis padres son de sanxenxo y toda la vida me han hablado de dos cosas del Xacobeo y de my hero academia wallpapers y me parece muy bien. Aunque no tengo muy claro si alguien que utiliza mal un topónimo de Sanxenxo debería dirigir nada.