Ana Pontón suspende a súa axenda ao dar positivo en covid

Non viaxará á investidura do novo presidente de Chile prevista nestes días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2022 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, informou a través da súa conta persoal de Twitter que deu positivo en covid-19 e que, por tanto, suspenderá a súa axenda nos próximos días.

"Durante os próximos días vou suspender a miña axenda. Tiña previsto viaxar á investidura do novo presidente de Chile, pero a PCR foi positiva", manifestou na súa mensaxe, no que afirma que está "sen síntomas e con ganas de volver canto antes". Pontón suspendera o pasado luns a súa axenda pública pendente do resultado dunha PCR, que lle deu negativo, segundo confirmaron a Europa Press fontes nacionalistas.

Tras este resultado, a líder do Bloque retomou a súa actividade e acudiu á sesión plenaria deste martes e mércores, pero repetiuse a PCR para viaxar a Chile, voo que non chegou a tomar posto que esa proba arroxou resultado positivo.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, no pleno do Parlamento esta semana. BNG
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, no pleno do Parlamento esta semana. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta