Máscaras de Baltar e motoserras, así foi a protesta en Ourense contra a talla na contorna de San Pedro de Rocas

O colectivo Salvemos Rocas leva meses protestando contra o proxecto de ampliación desa estrada por parte da Deputación Provincial que busca ensanchar a estrada de entrada á Ribeira Sacra, na localidade de Esgos, co obxectivo de que autocares e vehículos poidan acceder con facilidade ao lugar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2022 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Colectivos ambientalistas concentráronse ante a Deputación Provincial de Ourense con máscaras de Baltar, motoserras e paraugas nunha protesta contra a talla de árbores na contorna do mosteiro de San Pedro de Rocas, no municipio de Esgos.

Un centenar de persoas manifestouse fronte á fachada da Deputación, na rúa Progreso, cunha protesta contra o proxecto de ampliación da estrada OU-509 nas inmediacións do mosteiro de San Pedro de Rocas.

O colectivo Salvemos Rocas leva meses protestando contra o proxecto de ampliación desa estrada por parte da Deputación Provincial que busca ensanchar a estrada de entrada á Ribeira Sacra, na localidade de Esgos, co obxectivo de que autocares e vehículos poidan acceder con facilidade ao lugar.

A plataforma SOS Ourense e Salvemos Rocas pedían a "máxima mobilización cidadá" para salvar San Pedro, criticando que as administracións "non están a protexer" o patrimonio cultural e natural e que, "con este tipo de accións é imposible que a Ribeira Sacra chegue a converterse en Patrimonio Mundial" porque "ningún país civilizado de toda Europa permitiría algo semellante".

XUÍZO

Afirman que o proxecto dana o espazo declarado BIC onde se tallarán un centenar de árbores pola que se chegou a xuízo. Pedían que se tomase medidas cautelares para a paralización inmediata do proxecto, algo que ata o momento non sucedeu porque o xuízo foi suspendido por causas procesuais, así pois non hai ningunha resolución xudicial que suspenda tal exercicio. "Os traballos avanzan a tal velocidade que en 24 horas pretenden ter todo cortado polo pé", lamentaban a portas do xulgado o pasado xoves.

Por todo iso, volvéronse a manifestar ante a Deputación con pancartas nas que se podía ler 'Se perdemos as árbores perdémolo todo'. Denunciaron a talla co aceso de motosierras ante as que tiraron pequenas ramas mentres gritaban "Rocas non se toca".

Todo iso portando máscaras do presidente provincial, Manuel Baltar, ao que consideran "o único responsable" de causar un "dano irreversible" co que "se vai a destruír patrimonio cultural e natural en plena Ribeira Sacra", no centro dun BIC.

Un grupo de persoas participa nunha concentración contra as obras en San Pedro de Rocas ao considerar que ?causarán graves danos nunha contorna protexida?, ás portas dos Xulgados de Ourense onde se ía a celebrar un xuízo que finalmente foi. Rosa Veiga - Europa Press
Un grupo de persoas participa nunha concentración contra as obras en San Pedro de Rocas ao considerar que ?causarán graves danos nunha contorna protexida?, ás portas dos Xulgados de Ourense onde se ía a celebrar un xuízo que finalmente foi. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta