Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2022 | Actualizada ás 20:21
O litoral de Pontevedra e A Coruña estará este domingo, 13 de marzo, en aviso laranxa por ondas de entre cinco e sete metros durante a primeira metade da xornada.
Meteogalicia activou tamén un aviso amarelo na Mariña lucense, así como litoral de Pontevedra e A Coruña, por ondas de entre catro e cinco metros.
Protección Civil lembra que nestas situacións o mar adquire condicións extraordinarias e pode arrastrar a quen se atope nas súas proximidades, polo que aconsella non pór en risco a vida para captar as imaxes espectaculares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.