Morre un octoxenario mentres traballaba a súa horta en Ribadeo

O falecemento tivo lugar por causas naturais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2022 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Un home octoxenario faleceu na tarde deste pasado luns mentres se atopaba na horta da súa vivenda no termo municipal de Ribadeo. Segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Local, os feitos sucederon na tarde deste pasado luns, sobre as 19,00 horas, na parroquia de Cubelas, onde o octoxenario faleceu por causas aparentemente naturais.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria, cuxo persoal médico confirmou a morte no lugar do home J.A.D.X., de 81 anos, sinalaron fontes sanitarias.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta