Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2025 | Actualizada ás 20:49
A CGT rexistrou unha convocatoria de folga xeral de 24 horas en Galicia por Palestina para o 15 de outubro. Nun comunicado, o sindicato expón que se busca denunciar o xenocidio do pobo palestino e "a complicidade dos gobernos europeos co Estado terrorista de Israel". Así, chama a secundar "masivamente" esta convocatoria que "dá amparo legal a todos os traballadores de Galicia con independencia do sector ao que pertenzan ou haxa ou non no seu centro de traballo delegados deste sindicato".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.