Sae de Coles un primeiro convoi de axuda humanitaria para Ucraína

Enmárcase dentro dunha campaña iniciada hai semanas por familias ucraínas en Galicia e UGT.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Este xoves saíu da localidade ourensá de Coles o primeiro convoi de axuda humanitaria froito da campaña iniciada hai unhas semanas por familias ucraínas asentadas en Galicia, en colaboración con UGT. Desde as instalacións de Protección Civil de Coles ata a cidade polaca de Dolhobyczow, na fronteira noroeste de Ucraína, marchou un camión con toneladas de comida e roupa para abastecer as persoas refuxiadas.

Na cidade polaca espera por este cargamento unha representación do sindicato polaco OPZZ, membro da Confederación Europea de Sindicatos e encargado de facer chegar o material a centros sanitarios e hospitais do oeste de Ucraína. Os representantes sindicais lembraron que a campaña de recollida de material se puxo en marcha hai unha semana, por iniciativa do conxunto de familias ucraínas asentadas en Galicia, as cales se dirixiron ao Centro de Integración e asesoramento sociolaboral para inmigrantes, que UgT ten en Ourense, para pedir a colaboración do sindicato.

Desde ese momento puxéronse á súa disposición todas as sedes, corenta no total da comunidade, para a recollida de material, que deu os seus froitos con este primeiro envío. A continuación, indican, sairán máis.

O rexedor de Coles, Manuel Rodríguez, agradeceu "a colaboración e o esforzo" da veciñanza do seu municipio para "facer posible este primeiro envío". Pola súa banda, os representantes sindicais trasladaron que "as protagonistas son as familias ucraínas", manifestando que, grazas á súa iniciativa "e o traballo de entidades colaboradoras e voluntarios", foi posible recompilar todo o material que, estiman, chegue á fronteira con Ucraína en catro días.

"Son momentos complicados e achegamos o que podemos", dixeron tanto desde UGT-Galicia como desde o Concello de Coles, antes de pedir que "pare este masacre" e solicitar ás administracións "que colaboren entre todas para que isto acabe xa".

Sae desde Coles (Ourense) o primeiro envío de axuda humanitaria froito da campaña iniciada por familias ucraínas en colaboración coa UXT-Galicia. REMITIDA / EUROPA PRESS / Europa Press
Sae desde Coles (Ourense) o primeiro envío de axuda humanitaria froito da campaña iniciada por familias ucraínas en colaboración coa UXT-Galicia. REMITIDA / EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta