rumble in the jungle, non séi que hai de certo no que dis de que compras a revista dende 1983. De ser certo, non se che nota nada. Se tanto a compras será porque che gusta e non terías por que ver mal a portada desta semana.
Independentemente diso,contáronme que en Aquí Hay Tomate, antonte se comentou a famosa portada e percibíase coma algo "propio dunha monarquía moderna" o feito de que a monarquía aceptase esa portada; e ao día seguinte van e censúrano.¡Bén por eles, seguen a facer amigos!
E eu non vexo bén que non se poida insultar á monarquía e sí ao resto. É unha discriminación. Característica BÁSICA da democracia: igualdade ante a lei. Se nos cuestionamos isto e que xa non se pode falar democracia; estaremos coma na Idade Media onde un mesmo delicto se lle penaba de distinta forma á persoa segundo o estamento do que formaba parte. Xa non entremos en se tén que haber monarquía ou non, pero esta debe someterse á mesma lei que o resto. Se o Rei me inxuria a min non vai coma mínimo dous anos ao cárcere.
E certo, non vivín o franquismo, pero aínda que xa vexo que ese réxime esta vencido, tamén quero ter unha democracia mellor da que temos, que o noso sistema e de república... bananeira. Anque son conscente de que dispoño de máis liberdade que os criados no franquismo, non soporto a idea de que teñamos unha pseudo-democracia chapuza; na que un ex-fiscal xefe da Audiencia Nacional asegura que só ve documentais da BBC, un ex-xefe de Policía non quere revelar datos de documentos moi importantes para a loita antiterrorista, un ex-ministro enriqueceuse cós cartos aforrados en comprar un Yakolev 42 vello en vez de comprar un avión decente para o exército, outro ex-ministro máis miserable aínda defende aos terroristas islamistas no xuízo do 11M e un interlocutor matinal despáchase a gusto inxuriando a quén sexa. ¿Onde están todos eses? ¿No cárcere, onde deberan estar? NON.
En cambio, a un honrado debuxantque có seu esforzo gaña o soldo e que di unha verdade coma un templo nun debuxo non que nin sequera aparecen os nomes dos seus personaxes, ¡méteno no cárcere! ¡País, país, no que o honrado vai ao cárcere!
Non só iso, este caso pode sentar un precedente moi perigoso de censuras, que pódenos facer volver a algo parecido ao réxime que ti dis repudiar, e de aquí en diante será máis fácil facer atentados contra a liberdade de expresión.
E unha última cousa,¿neste país non teñen nada mellor que facer os xuíces ca mandar ás Forzas de Seguridade do Estado a por unhas revistiñas? ¿Xa postos, por qué non mandaron aos Geos? Se eu denuncio algo, ¿actuarán coa mesma rapidez e eficacia? ¿Onde están esas mesmas forzas de seguridade cando hai delictos? ¿Por qué habendo barrios de cidades nos que nin sequera entra a policía, perden o tempo nesa parvada?