ÚLTIMA HORA.- Secuestran El Jueves

O xuiz da Audiencia Nacional Juan Del Olmo ordenou hoxe o secuestro de todos os números da revista satírica El Jueves, por considerar que a portada desta semana, na que aparece unha caricatura dos Príncipes de Asturias nunha postura sexual, supón un ataque á Coroa.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/07/2007 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

13 Oscar

E a monarquía e a lierdade de expresión son dous temas moi relacionados. A Juan Carlos nin sequera lle tocaba herdar a Corona, pero aproximouse a Franco e xa a colleu;
por iso saben tanto de recortar a liberdade de expresión, aprenderon do seu mentor, Franco.

12 Oscar

1.Enquisa aos lectores de El Pais (desas nas que votas directamente na súa web). De momento, o 85% están en contra da censura de El Jueves, e o 15% a favor.
2. Se Quin aparece cagándose nunha bandeira de Galiza, por fin que apareza, non estaréi de acordo, pero defenderéi o dereito a expresalo. E por insultar a Quin non pasaría nada (senón Losantos xa estaría no cárcere) en cambio por insultar á monarquía vas ao cárcere.
Ademáis, eu teño lexitimidade moral para insultalos; ao fin e ao cabo, só fan gastar os meus cartos e os de todos. A portada tén toda a razón, ¿ou son capaces eles de rebatilo? Propóñolle a Felipe de Borbón que en vez de influír para que esa portada sexa censurada, a rebata con argumentos. ¿Ah, que non pode? ¿Será que a portada tén toda a razón?

11 Pedro

Neste mesmo foro tense suprimido comentarios que na opinión dos xestores eran insultantes. Unha certa mesura en todo nunca está demais.

10 rumble in the jungle

PD: parece que o problema é a monarquía e non a liberdade de expresión, non si?

9 rumble in the jungle

Sabedes cal é o problema, que todo o vedes segundo o cristal co que se mira. Se en lugar de ser o sopiñas fodendo na principesa fora Quintana cagando na bandeira de Galiza, ao mellor o problema non era a monarquía e si a liberdade de expresión. Non vos perdades na forma e quedádevos no fondo.