O Encontro Irmandiño constitúese en colectivo

O Encontro Irmandiño, con 15 membros no Consello Nacional e tres na Executiva do BNG, constituirase mañán como colectivo organizado dentro do Bloque tras unha asamblea constituínte que terá lugar en Compostela...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/07/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O Encontro Irmandiño supón unha nova corrente política integrada no Bloque Nacionalista Galego. Tivo un protagonismo especial na pasada XII Asamblea Nacional da forza frentista, xa que a lista apresentada polo Encontro Irmandiño -encabezada polo histórico dirigente do BNG, Xosé Manuel Beiras- obtivo case 500 votos que representan un 17% da militancia.

O obxectivo principal do Encontro Irmandiño é o de encentar un proceso de rexeneración democrática auténtica, profunda e efectiva do BNG, de apertura á sociedade e á base simpatizante, orientada baixo os principios de asemblearismo e fraternidade, de auténtico respecto á pluralidade interna e de maior concreción de mecanismos que permitan aumentar a capacidade de debate, participación e decisión do conxunto dos/as militantes (democracia participativa).

No acto, que dará comezo ás 10:30 da mañá, elixirase unha Coordenadora Nacional formada por 10 membros. A sesión de clausura será de carácter público e aberto aos medios de comunicación e contará coa intervención final de Xosé Manuel Beiras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

11 anxo

Por suscribir tamen suscribo o que dí Xermán, Beiras e Camilo Nogueira e o mellor que pasou polo bloque e o recoñecemento do seu partido e bastante pobre.

10 anxo

Suscribo o que dí eu:
O proxecto de Galiza de Anxo e Anxela consiste en que os que teñen o poder de verdade o sigan mantendo. O seu proxecto non é máis que política de pandereta

9 cuturru

Sempre pensei que o divino era a súa santidade Paco Rodriguez, máis coñecido como Paquiño Preguntas( é o único que fai) o grande valedor de Reganosa a empresa de Tojeiro( nomeado polo BNG fillo predilecto das Pontes)

8 Xerman

Nunca vin que persoas de talento se poidan xubilar.Xubílanse os xogadores,os mineiros, e outros traballos que levan consigo un deterioro fìsico que é o instrumento que utilizan para o seu traballo.Mais os pensantes,centificos e intelectuais en xeral, cantos mais anos pasan mais capacidade de traballo teñen.Mirade os centros de investigación serios(non Santiago de Campostela).Mirade escritores,compositores,poetasa,físicos,matemáticos etc. Non confundamos pegar carteis con elaborar o que se dí nos mesmos.XERMAN

7 eu

O proxecto de Galiza de Anxo e Anxela consiste en que os que teñen o poder de verdade o sigan mantendo. O seu proxecto non é máis que política de pandereta. Os traballadores non pintan ren nel