Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/07/2007 | Actualizada ás 18:49
O Encontro Irmandiño supón unha nova corrente política integrada no Bloque Nacionalista Galego. Tivo un protagonismo especial na pasada XII Asamblea Nacional da forza frentista, xa que a lista apresentada polo Encontro Irmandiño -encabezada polo histórico dirigente do BNG, Xosé Manuel Beiras- obtivo case 500 votos que representan un 17% da militancia.
O obxectivo principal do Encontro Irmandiño é o de encentar un proceso de rexeneración democrática auténtica, profunda e efectiva do BNG, de apertura á sociedade e á base simpatizante, orientada baixo os principios de asemblearismo e fraternidade, de auténtico respecto á pluralidade interna e de maior concreción de mecanismos que permitan aumentar a capacidade de debate, participación e decisión do conxunto dos/as militantes (democracia participativa).
No acto, que dará comezo ás 10:30 da mañá, elixirase unha Coordenadora Nacional formada por 10 membros. A sesión de clausura será de carácter público e aberto aos medios de comunicación e contará coa intervención final de Xosé Manuel Beiras".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.